publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan ao mariño do veleiro con problemas a 97 millas de Estaca de Bares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosViveiro
A-
A+
Europa Press

O helicóptero ‘Pesca 2′ rescatou ao mariño do veleiro sueco que na mañá deste martes emitiu unha chamada de socorro a 97 millas de Estaca de Bares. Segundo informou Salvamento Marítimo, foi rescatado o mariño do veleiro sueco ‘Clara’ que tiña problemas “en aparente bo estado” e foi trasladado a Celeiro (Lugo) pola ‘Pesca 2′.

Salvamento Marítimo centrou a procura da embarcación con problemas, que emitiu unha chamada de socorro na mañá deste martes, na zona norte de Galicia entre cabo Ortegal e San Cibrao.

No operativo de procura participaron o helicóptero ‘Pesca 2′, dependente da Xunta; a ‘Salvamar Alioth’, de Salvamento; e a lancha ‘LS Saturno’, de Cruz Vermella.

En concreto, o operativo púxose en marcha despois de que ás 9,15 horas se recibise unha chamada de socorro a través da canle 16 VHF que se escoitaba “bastante mal”.

Foi finalmente outra embarcación de recreo a que localizou ao veleiro en apertos a 107 millas ao norte de Viveiro cunha persoa a bordo, que foi levada a Celeiro.

23 de agosto de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.