publicidade hoxe

Posta a punto do CEIP de Montemogos en Beluso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

As obras de arranxo do pavillón do centro educativo de Montemogos, en Beluso, están xa en marcha desde a semana pasada. Tras varios anos reclamando unha mellora no pavillón debido ás inundacións que facían imposible o seu uso tras as intensas chuvias, unha máquina comezou xa coas obras. Así o puideron comprobar o alcalde da vila, Félix Juncal, e a concelleira de educación, María Teresa López, que acudiron á visita que o delegado territorial de Educación, César Pérez Ares, fixo ao centro, que se atopa inmerso no acondicionamento e posta a punto para o curso escolar e para o que se están investindo arredor de 40.000 euros.

As obras, que se realizan mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e o Concello de Bueu, inclúen o levantamento do pavimento do ximnasio actual por unha soleira de 10 cm de espesor, rematada en formigón pulido e pintado dos distintos campos de xogo. A idea é pois eliminar a condensación de auga que se produce polo chan.

Por outra banda,  están pendentes outras obras por parte do Concello coas que se van substituír as canalizacións de augas pluviais da cuberta do pavillón e a pavimentación da entrada do colexio con formigón pulido, e onde se vai ampliar a zona cuberta da entrada para destinar a espazo para xogos escolares. Por último, tamén se vai colocar unha canaleta de baixantes pluviais na fachada das aulas de infantil para corrixir as humidades.  Desde o goberno municipal estiman que estas obras poidan estar antes do comezo do curso escolar.

Neste sentido, o alcalde de Bueu destacou a colaboración entre Concello e Consellería de Cultura para a realización destas obras.

Obras camiño de Sanamedio

Por outra banda, a empresa adxudicataria comezou xa os traballos de desbroce e limpeza no camiño de Sanamedio, que tamén se vai asfaltar, con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación 2015. A obra consiste na rexeneración deste vial, que ten unha lonxitude de 300 metros e parte da Avda de Castiñeiras. Os traballos, cos que se pretenden solucionar as deficiencias son de desbroce e limpeza da calzada, varrido, limpeza e regularización do firme, e pavimentación.

25 de agosto de 2016 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.