publicidade hoxe

Persoas con fibrose quística inician en Muxía o Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+
Participantes na etapa do Camiño de Santiago

Participantes na etapa do Camiño de Santiago

Durante a mañá de hoxe, un grupo de persoas con Fibrose Quística iniciaron dende Muxía a primeira das etapas que van percorrer do Camiño de Santiago, que teñen previsto rematar no Obradoiro o domingo 28 de agosto ás 12 horas.

O Camiño desenvolverano en seis etapas: Muxía, Pradis, Cee, Ponte Olveira, A Pena, Alto dos Ventos e, finalmente, Santiago de Compostela, cun percorrido medio de 23 quilómetros por etapa, andaina coa que contarán coa asistencia dun fisioterapeuta e un vehículo de apoio.

Este é o quinto ano consecutivo que realizan esta actividade, unha idea que xurdiu como terapia alternativa no tratamento da Fibrose Quística, porque tanto conxuga a actividade deportiva como tamén a oportunidade de compartir experiencias con outros pacientes e familiares.

Ademais, esta experiencia serve para que a  Federación Española de Fibrose Quística fomente e divulgue esta doenza, unha enfermidade de orixe xenética que afecta a diferentes órganos do corpo, sobre todo pulmón e páncreas, e que hoxe en día aínda non ten curación.

23 de agosto de 2016 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.