publicidade hoxe

Pedro Sánchez acudirá á X Festa do PSdeG en Oroso o sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acudirá o sábado á localidade coruñesa de Oroso para participar na décima edición da Festa dos Socialistas de Galicia.

Estará a acompañar ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, segundo avanzaron fontes do partido.

O acto, que se celebrará cinco días antes do arranque da campaña, terá lugar a partir das 13,00 horas na área recreativa da Penateixa, en Sigüeiro.

30 de agosto de 2016 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.