publicidade hoxe

Os nenos da Escola de Verán de Ribadumia disfrutarán dunha xornada medioambiental con Cruz Vermella Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que mañá, día 18 e o vindeiro día 25 de agosto, Cruz Vermella Xuventude celebrará unha xornadas medioambientáis dirixidas os nenos da Escola de Verán do Concello de Ribadumia.

Durante as actividades realizarán xogos, dinámicas de grupo e traballos manuais que serán impartidas por voluntariado da institución na casa da cultura de Ribadumia. Ditas xornadas enmárcanse no proxecto Verán Verde Medioambiental que Cruz Vermella  Xuventude leva a cabo durante os meses de verán en diferentes localidades da Comarca do Salnés. A través das distintas actividades o grupo de voluntarios e voluntarias tratarán de sensibilizar ós máis pequenos da importancia do coidado do noso contorno.

Esta actividade ven a seguir coa serie delas que se levaron a cabo durante a os meses que xa levan de Escola de Verán que buscan a concienciación dende cativos da importancia da natureza, o que significa para nos e como podemos axudala para que se manteña.

17 de agosto de 2016 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.