publicidade hoxe

O V Trofeo Eurocidade de Balonmán enfrontará en Tui a equipos de máxima categoría nacional feminina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+

O próximo sábado 20 de agosto, a partir das 18.30 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o V Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. Participarán dous equipos de máxima categoría nacional feminina, o Mecalia Atlético Guardés e a Aula Cultural de Valladolid, así como o equipo Seis do Nadal de Vigo, de segunda nacional feminina.

Os horarios dos partidos serán os seguintes:

18.30 horas – Seis do Nadal Vs Aula Cultural
19.20 horas – Mecalia Atco. Guardés Vs Seis do Nadal
20.15 horas – Aula Cultural Vs Mecalia Atco. Guardés

Este evento enmárcase dentro do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, no que, nesta segunda parte do ano, celebrarase o torneo de fútbol 7, o torneo de tenis, o campionato de hóckey, o torneo de xadrez, o campionato de baile deportivo, o trail nocturno e as andainas da Eurocidade.

17 de agosto de 2016 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.