publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Son da Praza continúa con rockand roll da banda galega Rockin’Gina&TheSentinels

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Praza do Seixo segue a concentrar a actividade cultural de verán no concello de Tomiño.

O programa “O Son da Praza”, que comezou hai case un mes, conseguiu espertar o interese de residentes e visitantes, rexistrando unha alta participación, e ofrecendo propostas para todos os gustos, coma cine, baile e música folclórica, poesía, percusión electrónica, arte visual e diferentes concertos.

Este venres, 19 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar un novo concerto, neste caso de música rock, coa banda galegaRockin ’ Gina&TheSentinels.Trátase dun cuarteto clásico de rockabilly con voz femininaetemas propios, melodías coidadas, ritmos enérxicos, letras poderosas e estética fiel aos anos 50′ . Rockin’Gina, de voz elegante eenérxica á vez, acompañada de contrabaixo, batería e guitarra,convértense en pioneiros e referentes do estilo en Galicia.

O venres 26 de agosto, tocaralle á Agrupación Musical de Goián, que ofrecerá o concerto “Unha noite de amor con Lela”.

E, finalmente, o sábado 27 de agosto, o recoñecido músico Roi Casal chegará a Tomiño co seu espectáculo “Son galego, Son cubano”, pechando o programa de verán organizado pola Concellaría de Cultura, que dirixe Cristina Martínez.

17 de agosto de 2016 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.