publicidade hoxe

O incendio de Melón presenta dous focos de inicio distintos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelón
A-
A+
Europa Press

O incendio da localidade ourensá de Melón, estabilizado desde as 16,45 horas deste luns e que afecta por agora a unhas 100 hectáreas, presenta dous focos de inicio diferentes, o que indica que puido ser provocado e ter detrás “a man humana”.

Así o manifestou este luns  a alcaldesa do municipio, Cristina Francisco Vílchez, quen asegurou que, polo momento, esa é a información que manexa o concello.

O lume iniciouse ás 23,30 horas do domingo na parroquia de Quins, moi próxima ao municipio de Avión. Neste último produciuse outro incendio a semana pasada que afectou a máis de 400 hectáreas e no que, segundo indicou a rexedora de Melón, tamén se atoparon catro focos distintos.

Esta parroquia non adoita rexistrar incendios forestais e a zona é moi frondosa, polo que non foi necesario activar a ‘situación 2’ por proximidade das chamas a vivendas, segundo apuntou a primeira edil. Non así en Avión, onde as chamas estiveron próximas ao núcleo de Porreira e decretouse o nivel de alerta.

16 de agosto de 2016 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.