publicidade hoxe

O Festival de Bandas de Música de Tui celebra o seu cuarto de século na Praza de San Fernando

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

Este sábado, 20 de agosto, o Festival de Bandas de Música celebra o seu XXV aniversario. A cita será as 22:00 horas na Praza de San Fernando onde a Banda de Música Popular de Tui será a anfitrioa deste concerto que, nesta edición, conta coa presenza da Banda de Música de Catoira.

A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Adolfo Besada Álvarez, interpretará o pasodobre “Lola Lúján” de Manuel Galduf, a zarzuela “La Gran Vía” de Federico Chueca, a suit “Reflections of this time” e “Interplay for band” de Tedd Huggens e a selección de temas de “The cream of clapton” de Eric Clapton.

Pola súa parte, a Banda de Música de Catoira, comandada por Carlos Figueira Abuín, interpretará o pasodobre “Ponteareas” de R. Soutullo, a zarzuela “El bateo” de F. Chueca, “Armenian dances” de Alfred Reed e “Riverdance” de Bill Whelan.

O Festival celebra un cuarto de século nun dos mellores momentos para estas agrupacións de recoñecido prestixio.

Os inicios da banda tudense remóntanse a febreiro de 1881 cando o seu primeiro director, Severino Castillo, dirixía aos 31 primeiros músicos da súa historia.  Despois de varios disolucións e intentos de recuperala, a comezos os anos 80 formase de maneira máis sólida a banda ao abeiro da Escola de Música e foi fundamental para a posterior creación do Conservatorio de Tui no que hoxe se forman 350 alumnos e alumnas que constitúen a excepcional canteira tudense.

Dende entón, a Banda de Música de Tui ten ofrecido concertos por toda Galicia,  Madrid, Valencia ou Asturias e tamén a nivel internacional en Arxentina e Portugal o que da conta do seu enorme prestixio.

Hoxe a Banda continúa co seu éxito baixo a batuta de Adolfo Besada Álvarez (Tui, 1954), precisamente formado na propia banda de música tudense. Especializado en trombón e tuba, exerce como profesor no Conservatorio de Música de Tui dende 1992 e como Director da Banda de Música Popular de Tui dende 2002.

A banda convidada nesta edición, a Banda de Música de Catoira, remonta os seus inicio a 1990 co concerto do 6 de xaneiro. Os seus primeiros directores serán Valentín Rey e Xosé Carlos Seráns Oliveira.

Dende o ano 2009 en colaboración ca Esmu. Municipal de Catoira ven participando nos Cursos de Dirección de Banda impartidos polo Mestre José Rafael Pascual Vilaplana en Catoira (2009, 2010, 2012). En 2010 editou o seu primeiro Disco, un dobre CD chamado “20 Anos de Música”. Un traballo discográfico que recolle a traxectoria musical da Banda o longo de dúas décadas,

gravacións en directo das actuacións en distintos Certames Provinciais e Autonómicos.

A Banda de Música de Catoira conta con numerosas distincións como o Iº Premio e Mención de Honra na sección 2º en 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra, o 1º Premio da Sección Primeira en 2004 e o Iº Premio da Sección Primeira en 2006.

En Xullo de 2014 acadou o 2º Premio no Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda.”

Dende o ano 2005, a Banda de Música de Catoira está dirixida polo mestre Carlos Figueira Abuín (Rianxo). Tras completar os seus estudos como bombardino, tuba e trombón, en xaneiro de 1997 pasa a formar parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia como trombón solista e da Orquestra de Prácticas Orquestrais da Sinfónica de Galicia.

No curso 1997 empeza a formar parte da Big Band de Estudio Escola de Música (SEM, Big Band de Santiago). En setembro de 2003 asiste ó “XV International Trombone Camp”, que tivo lugar en Italia.

Carlos Figueira Abuín colabora ademais habitualmente coa Orquestra Sinfónica de Galicia, ten colaborado coa Orquestra Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña.

Na actualidade é profesor de trombón e bombardino na Escola de Música Municipal de Catoira, e no Conservatorio Obradoiro da Coruña, forma parte do cadro de profesores da Banda de Música Municipal da Coruña, membro do Grupo de Metais de Galicia, e director da Banda de Música de Catoira.

18 de agosto de 2016 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.