publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica a licitación das obras de mellora na estrada PO-552 en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaiona
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora na estrada Vigo-Tui (PO-552),no concello de Baiona. As obras, suporán un investimento de preto de 500.000 euros e o prazo para o remate de propostas rematará o vindeiro día 14 de setembro. Para consultar mais información relativa a licitación pódese ver no seguinte enlace que publica hoxe o DOG: http://goo.gl/FxTYc8

Estes traballos contarán cun prazo de execución de seis meses aproximadamente e teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria das travesías da estrada PO-552 mediante o reforzo de firme das mesmas.

Unha vez rematadas as accións de mellora, realizarase o repintado de marca viaria no eixe da estrada

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

No seguinte plano amósase o tramo no que a Xunta ten previsto levar a cabo as actuacións de mellora.

19 de agosto de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.