publicidade hoxe

O Concello destina 5.700 euros á mellora da instalación de auga e calefacción na Casa de Cultura de Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Casa de Cultura de Carril será a próxima edificación socio cultural do municipio que será obxecto de reformas. O Concello investirá 5.767 euros na mellora da instalación de auga quente e calefacción deste inmoble no marco do plan de conservación e mellora dos centros socio culturais posto en marcha o ano pasado.

A Xunta Local de Goberno adxudicou na reunión desta mañá a obra a realizar en carril á empresa Instalaciones y Obras de Galicia S.L.

Aproveitando a ampliación da rde de gas natural en Carril, a actuación pretende cambiar a instalación para adaptala a esta enerxía en lugar de continuar co sistema das caldeiras a gasóleo que, se atopaban moi deterioradas. Coa nova instalación de gas natural os usuarios da casa de cultura carrilexa disporán de maior confort térmico e o Concello aforrará os custes de mantemento que requiría a antiga caldeira. O novo sistema tamén axiliza o uso e funcionamento da instalación de auga quente e calefacción posto que non será preciso enviar a persoal para proceder a recargar de combustible a caldeira, como ata o de agora.

Entre as avantaxas que conleva a nova instalación está que contará cun sistema de control vía wifi.

18 de agosto de 2016 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.