publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía pretende mellorar a climatización da escola infantil e renovar os xogos cunha axuda da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía pretende acometer este ano varias melloras na Escola Municipal Infantil da Lomba e para elo proporá adherirse á nova liña de axudas que vén de convocar a Consellería de Política Social. As actuacións proxectadas corresponden a mellora da climatización das aulas e actuacións de eficiencia enerxética, así como á renovación dos xogos infantís e instalación de firme de caucho. A suma que se solicitará ascende a 25.000 euros, o máximo previsto na orde autonómica.

A diferencia na maioría das liñas de axudas que convoca a Xunta de Galicia, esta en concreto precisa de aprobación plenaria previa, polo que o goberno local levará a proposta de solicitude da subvención á próxima reunión da Corporación Municipal.

A petición xustifícase nos anos cos que conta a edificación, posta en funcionamento en setembro de 1994 e que, pese a que o Concello realiza anualmente numerosas obras de conservación e mantemento, precisa dun investimento a maiores para poder ir axustando a infraestrutura ás novos adiantos construtivos e tecnolóxicos que incidirán tanto no confort do alumnado (nenos de 0 a 3 anos) como na cualidade da atención e educacio´n que recibirán. De feito un dos apartados que financia esta orde destínase á adquisición de tecnoloxía e dentro deste o Concello pretende dotar ao centro de ordenadores e proxectores cos que cumprimentar e actualizar os equipamentos existentes e que se utilizan no día a día do traballo cos cativos.

18 de agosto de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.