publicidade hoxe

O Concello de Narón acolle un pleno extraordinario para designar aos presidentes e vocais das mesas electorais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A corporación local asistiu esta mañá, ás 10.00 horas, a un pleno extraordinario convocado cun único punto na orde do día, nomear aos integrantes das mesas electorais de cara ás eleccións autonómicas que se celebrarán o vindeiro 25 de setembro. No municipio instalaranse un total de 47 mesas para un censo de 32.106 votantes. A través do procedemento habitual, mediante un sorteo informático, designanse os presidentes, vocais e dous suplentes para cada unha das mesas.

As persoas seleccionadas no proceso recibirán nos vindeiros días unha notificación procedente do Concello na súa vivenda habitual. Na misiva indicaráselles o procedemento a seguir no caso de que consideren oportuno presentar reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona –no xulgado de Ferrol-, así como dos prazos estipulados para tal fin.

29 de agosto de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.