publicidade hoxe

O Concello de Mos acolle o primeiro torneo de xadrez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Esta fin de semana dispútase o I Torneo de Xadrez Concello de Mos, organizado polo Club Xadrez Mos e Fexaga (Federación Galega de Xadrez), coa colaboración do Concello de Mos e o Centro Cultural de Torroso.

Este evento consiste na undécima proba do CircuítoGalego de Promoción, un circuíto formado por 18 torneos celebrados por toda Galicia e promovidos polos clubslocais, pero orquestradopola Federación Galega de Xadrez.

Normalmente trátanse de torneos de categoría escolar, aínda que se a organización o estima oportuno, tal é o caso, pode haber tamén categoría absoluta, e así sucederá esta fin de semana.

Participarán xogadores de toda a ComunidadeAutónoma galega, así como taménxogadores do país veciño, Portugal. Estímaseque cheguen a congregarse ó redor de entre 125 e 150 xogadores e xogadoras.

O I Torneo de Xadrez Concello de Mos terá lugar o vindeiro sábado, día 3 de setembro, no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, comezandoás 11.00 horas da mañá e coa súa clausura prevista para as 20.15 horas da tarde.

Os interesados en participar poden realizar as súasinscricións a través do correo electrónico clubxadrezmos@gmail.comou chamando ó teléfono 618 873 541.

30 de agosto de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.