publicidade hoxe

O combate naval máis longo do mundo celebra 150 anos con lucerías e fogos de artificio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Vilagarcía acolle mañá, sábado 20 de agosto, un dos momentos máis esperados e emblemáticos das festas patronais de San Roque: O tradicional e único Combate Naval, un espectáculo pirotécnico que este ano, con motivo do seu 150 aniversario, convértese irá sincronizado con pezas musicais.

O Combate Naval rememora desde 1866 a famoso asedio que a flota española, comandada polo almirante Méndez Núñez dende a fragata Numancia, realizou á fortaleza do porto peruano do Callao o 2 de maio dese mesmo ano.

No seu momento, o Combate Naval supuxo unha innovación nos fogos artificiais que dende décadas atrás se botaban coincidindo coas festas patronais de San Roque. O que para uns foi un fito na historia naval de España e para outros un símbolo da independencia peruana, é hoxe, 150 anos despois, unha tradición que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional e o recoñecemento de ser, probablemente, o mellor espectáculo pirotécnico de canos se organizan en Galicia. A tradición segue vive século e medios despois e colle impulso para celebrar os 150 anos cunha novidade: nesta ocasión especial, o Combate sincronizarase con música clásica e actual: As lucerías dos fogos bailará na ritmo de Vángelis, Carl Orff e mesmo Prince.

A organización do Combate Naval nesta data tan especial recae en Pirotecnia Penide, a empresa a que o Concello encarga dende hai 25 o espectáculo pirotécnico máis esperado e famoso xa que atrae e Vilagarcía a milleiros de persoas doutras municipios da redonda.

600 quilos de pólvora queimaranse durante os 20 minutos que dura o espectáculo que comezará á medianoite (00:00 horas) nas Pras da Concha Compostela. &.000 disparos de lucerías encherán o ceo de cores e sinuosas formas que danzarán ao son da música que se poderá escoitar a través das torres de son instaladas ao longo do areal. A sucesión de fogos aéreos, en terra e acuáticos rematará co emblemático Combate Naval no que, dende o mar, tres embarcacións arremeterán a cañonazos contra castelo de 32 metros de largo por 12,5 de alto que responderá ao agravio disparando a súa propia artillería.

19 de agosto de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.