publicidade hoxe

O Club Piragüismo Boiro proclámase Campión da Liga Provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiroDeportesDeportes Portada
A-
A+

Este fin de semana pasado celebrábanse as dúas últimas competicións da liga Provincial da Coruña. O sábado tiña lugar no porto deportivo de Miño a cuarta regata do campionato ligueiro, nesta proba impúñase na clasificación xeral o Club Piragüismo Boiro-Rías Baixas  cun total de 8.505 puntos, a segunda posición con 6.248 puntos levouna o Club Náutico Firrete e terceiro foi o equipo local do Club Deportivo Náutico Miño con 5.246 puntos.

A segunda competición do fin de semana celebrábase na praia de Oza na Ría da Pasaxe, organizada polo Club Piragüismo As Xubias. O conxunto boirense chegaba a esta cita empatado a puntos co Club Náutico Firrete no máis alto da clasificación. Unha vez celebradas as regatas o Piragüismo Boiro levaba o triunfo ao sumar 9.783 puntos polos 5.980 puntos do Club Náutico Firrete, a terceira posición esta vez sería para o Club Ribeiras do Tambre con 4.233 puntos.

Unha vez disputadas as cinco competicións oficiais desta liga provincial o Club Náutico Boiro consegue o seu cuarto título ligueiro consecutivo, o segundo posto foi para o Club Náutico Firrete e o terceiro para o Club Deportivo Náutico de Miño.

29 de agosto de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.