publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Club Náutico Pontecesures queda primeiro na regata celebrada na Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaDeportesPontecesures
A-
A+

O pasado domingo disputábase nas inmediacións da praia de O Bao da localidade pontevedresa de Illa de Arousa a 5º regata da liga provincial de Pontevedrade alevíns e benxamíns

O Club Náutico Pontecesure slogrou o triunfo ao sumar un total de 3.058 puntos, seguido en segunda posición con 2.173 puntos polo Club Náutico O Muiño de Ribadumia, a terceira praza con 2005 puntos levouna o Club As Torres Romaría Viquinga. Con esta vitoria o equipo de Pontecesures segue terceiro na clasificación xeral con 366 puntos, a primeira posición é para o Club Náutico O Muiño con 342 puntos seguido polo Club As Torrescon 340 puntos. O vindeiro domingo día 4 de setembro decidirase o campión ligueiro na última regata do ano, que se celebrará en Vilanova.

As medallas individuais estiveron moi repartidas ao longo da mañá en todas as categorías. A primeira saída foi para a muller Benxamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Natalia Moreira-Tambo de Marín, seguida de Paula Area-Tambo de Maríne NoaNerga-Ría de Aldán.

Os seguintes en participar foron os homes Benxamín, categoría na que levou a medalla de ouro Brais Chan-Club As Torres, a prata sería para Noé Moraña-Confraría de Pescadores Portonovo sendo o bronce para Rubén Estévez-Naval de Pontevedra.

Marta Guimarey-Club As Torres obtivo o primeiro posto na categoría muller Alevín B por diante de Erika Torres-Piragüismo Portonovo e Avril Freire-Piragüismo Cambados. Sería Mario Macedo-Kaiak Tudense o campión masculino chegando a meta por detrás del Mario Macedo-Náutico Pontecesures e  Gabriel González-Confraría Pescadores Portonovo.

As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio femenino Ana Costa-E.P. Cidade de Pontevedra, seguida de Carmen Devesa-Breogán do Grove e Noelia Miguéns-As Torres respectivamente. Por outra banda Anxo García-Verducido, Aarón Giadás– Náutico Pontecesuresy David Bautista-E.P. Cidade de Pontevedra lograron os metais en xogo nesta categoría.

29 de agosto de 2016 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.