publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O cinema de verán no Grove bota o peche con “El Desconocido”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Cunha moi grande acollida de público os cinemas de verán da programación do Concello do Grove remata mañá mércores cun éxito rodado en Galicia. Trátase do filme “El Desconocido” protagonizado por LuisTosar e da produtora Vaca Films que conta a súa fronte coa grovense Emma Lustres.

Os cinemas de verán rexistraron un paulatino aumento de público acudindo máis de 100 persoas ás últimas proxeccións. O filme de maior éxito ata agora foi “8 apellidoscatalanes” con máis de 150 persoas. Outras películas tiveron menor asistencia por mor do vento pero ningunha delas tivo que ser cancelada. Deste xeito os Cinemas de verán despídense ata o vindeiro verán pero lembramos que o cine voltará ao Grove en novembro cun novo ciclo de “Cinemas de Galicia”.

23 de agosto de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.