publicidade hoxe

Nenos do obradoiro Xoga con Nós instalan unha pancarta sobre Artemar na carpa gastronómica da feira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Instalación da pancarta

Instalación da pancarta

A carpa de Gustando do Mar situada nas inmediacións da praza de España conta dende hai uns intres cunha pancarta de 14 metros de lonxitude elaborado polos alumnos dos obradoiros de conciliación Xoga con Nós do Verán Cultural de Riveira.

Os propios rapaces achegáronse ata a instalación para colaborar xunto cos seus monitores na colocación do gran cartel, que como non podería ser doutra forma conta coa lenda “Artemar Riveira”. 

Esta carpa de 450 metros cadrados de superficie eríxese non só como un epicentro gastronómico da feira mariñeira, co coñecido pulpeiro Veloso ao mando dos fogóns, senón tamén conta con diversos stands nos que expoñen as súas creacións os artistas Antonio Pérez, Luis Polo e Teresa Argibay e difunden a súa actividade as asociacións Tahume de Olveira e Os Abelleiros do Barbanza.

19 de agosto de 2016 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.