publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Navantia asina un acordo co goberno de Australia para realizar o estudo de viabilidade das futuras fragatas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneFerrolGaliciaGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A empresa naval pública Navantia e representantes do goberno de Australia asinaron un acordo para a realización dos estudos de viabilidade para o programa das futuras fragatas da clase SEA 5000.

Esta fase forma parte do concurso posto en marcha polo departamento de Defensa australiano, que á súa vez tamén alcanzou acordos similares cos outros dous construtores que chegaron á fase final que determinará que empresa se faga co concurso, como son a italiana Fincantieri e a británica BAE Systems.

Tras este acordo, e por un período dun ano, a Commonwealth e Navantia traballarán de forma conxunta, permitindo ao departamento de Defensa do país das antípodas a avaliación das capacidades, risco e outras materias asociadas á proposta de Navantia.

Este acordo enmárcase dentro do anuncio que realizou o Primeiro Ministro Australiano, Malcolm Turnbull, polo que Navantia e as outras dúas empresas construtoras de buques militares foron seleccionadas para participar neste proceso de RRDS (Risk Reduction and Design Study).

A participación neste programa da empresa pública española, pertencente á SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais), é unha oportunidade de participar no programa naval de buques de superficie máis relevante da actualidade e que ademais permitirá continuar co desenvolvemento das capacidades de Navantia Australia e o seu centro de Operacións e Deseño, que participará activamente nesta fase de deseño.

29 de agosto de 2016 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.