publicidade hoxe

Musicangas 2016 quenta motores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCangas
A-
A+

O Musicangas 2016, que coincide este ano co inicio e remate das Festas do Cristo, está cargado de propostas musicais, reunindo as mellores formacións locais nos próximos días 25 de agosto e 4 de setembro. O recinto das Naves de Ojea será o escenario escollido para vibrar coa nosa mellor música.

Este ano amplíase a participación con respecto ao ano anterior, pasando a integrar o cartel doce formacións musicais, co obxectivo de promover aos grupos da comarca de O Morrazo e darlles a oportunidade de tocar en directo.

O xoves 25 de agosto arrinca a sesión vermú ás 13:00 horas con Liz & The Blacksoul Band e Os Chiviñas, seguindo a partir das 21:00 horas coas actuacións de Dragon Wave, Nazca, Democide e His Anxiety.

Por outra banda, o domingo 4 de setembro a sesión vermú ás 13:00 horas estará a cargo de Mad Dogs e Alia & Roman, seguindo a partir das 21:30 horas cos grupos De Trapo, Argallada, The Resaca’s e Satxa.

Dende logo a boa música está asegurada nunhas festas que apostan claramente pola música local e os grupos da comarca.

23 de agosto de 2016 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.