publicidade hoxe

Mobilízanse medios aéreos e marítimos por unha chamada de socorro dunha embarcación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosViveiro
A-
A+
Europa Press

Salvamento Marítimo coordina un dispositivo na Ría de Viveiro (Lugo) para localizar á embarcación que na mañá deste martes emitiu unha chamada de socorro supostamente na zona da costa norte galega.

Así o sinalaron fontes de Salvamento Marítimo, que destacaron que continúa a busca entre San Cibrao e Viveiro, tras rastrexar sen resultado, ata o momento, a Ría de Viveiro.

O operativo púxose en marcha despois de que ás 9,15 horas se recibise unha chamada de socorro a través da canle 16 VHF que se escoitaba “bastante mal”.

Por iso, foron mobilizados o helicóptero ‘Pesca 2’ e a embarcación ‘Salvamar Alioth’ para efectuar o rastrexo e responder á chamada de socorro.

23 de agosto de 2016 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.