publicidade hoxe

Medio Ambiente colabora co concello de Mondariz para mellorar as sendas do río Tea e Xabriña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Mondariz

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Mondariz

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Mondariz algo máis de 60.000 euros co obxectivo de mellorar as sendas do río Tea e Xabriña.

Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Xoán Carlos Montes.

O obxectivo desta actuación é mellorar estas infraestruturas, que quedaron deterioradas logo das riadas producidas este ano. Estes traballos redundarán nunha mellora das condicións de vida da veciñanza, ao aumentar e mellorar a accesibilidade aos ríos.

O organismo autonómico Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.

 

29 de agosto de 2016 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.