publicidade hoxe

Medio Ambiente acometerá as actuacións precisas para poñer en marcha a depuradora de Outes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOutes
A-
A+
Europa Press
Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Outes

Beatriz Mato na sinatura do convenio co alcalde de Outes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Outes, Carlos E. López Crespo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo acometer as actuacións necesarias para poñer en marcha a depuradora (EDAR) de Outes.

O acordo ratificado esta mañá prevé un investimento por parte da Xunta de algo máis de 99.000 euros, que estarán cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O obxectivo último destas obras é habilitar a infraestrutura da depuradora, de xeito que se poida mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas deste concello.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destacase a importancia deste actuación, xa que ademais de garantir unha rede de saneamento para os veciños deste concello, tamén se evitan aportes ao medio natural.

18 de agosto de 2016 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.