publicidade hoxe

Localizan en augas francesas a embarcación que pediu auxilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosViveiro
A-
A+
Europa Press

A embarcación de recreo que pediu auxilio na mañá deste martes foi localizada a unhas 100 millas da costa galega, en augas francesas tras o dispositivo de rastrexo por aire e mar posto en marcha por Salvamento Marítimo.

Salvamento Marítimo centrou a procura da embarcación con problemas, que emitiu unha chamada de socorro na mañá deste martes, na zona norte de Galicia entre cabo Ortegal e San Cibrao.

O subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo, confirmou que o veleiro que emitía un sinal de auxilio na costa de Viveiro foi localizado “a máis de cen millas da costa galega, en augas francesas”.

Na contorna desta embarcación de recreo atópase un barco francés que o está “auxiliando”, segundo destacou Carballo, quen indicou que o helicóptero ‘Pesca 2’ da Xunta regresou a terra “para encher e volver agora cara ao lugar da localización para obter máis información e se se precisa algún outro tipo de axuda”.

MEDIOS

No operativo de procura participaron o helicóptero ‘Pesca 2’, dependente da Xunta; a ‘Salvamar Alioth’, de Salvamento; e a lancha ‘LS Saturno’, de Cruz Vermella.

En concreto, o operativo púxose en marcha despois de que ás 9,15 horas se recibise unha chamada de socorro a través da canle 16 VHF que se escoitaba “bastante mal”.

23 de agosto de 2016 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.