publicidade hoxe

LIV edición do Festival Internacional de Karaoke en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño recorda que este fin de semana, o sábado 20 de agosto, terá lugar no Recinto Amurallado da Vila a LIV edición do Festival Internacional de Karaoke.

Un festival consolidado entre os amantes da boa música, tanto para os que lle gusta cantar como para os que lle gusta escoitar. Espectáculo de luz, de son, acompañados dos bailaríns da Escola Pasos de Miguel Abreu. Máis de 30 persoas vidas de todas partes de Galicia e Norte de Porugal competirán para alcanzar algún dos 3 premios que ofrece este prestixioso festival, que estará presentado pola prestixiosa presentadora da TVG  Ana Pérez

Os encargados de escoller as mellores voces serán: 

DANIEL GREGORES: Profesor Superior de Música. Impartiu Clases de vento metal na Escola de Música de Tangil (Portugal) e no Conservatorio de Tui, entre outros. Actualmente é o Director da Escola e da Banda de Música de Salvaterra de Miño

FELIX CEBREIRO: Productor, compositor e arreglista musical. Director Xerente do selo discográfico e editorial “Quela records”. Productor de artistas como Lucía Pérez, Cristian Escuredo, María Chenlo…

CARLOS MARIÑO: Doble grado en piano e gaita no Conservatorio Superior de vigo, Esctudios de música tradicional e estudios de informática musical. Traballou como gaiteiro, impartiu clases de música tradicional, conta cunha amplia experiencia no mundo musical, produce e fai arranxos a artistas como Malú, andy e Lucas, Malena Gracia… O último galardon foi no ano 2015 – Premio ao mellor productor do ano, outorgado polos 40 princiapis dende o seu programa O  Maquetón

18 de agosto de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.