publicidade hoxe

“La Vuelta a España” 2016 despídese da provincia de Ourense en Maceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMacedaOurense
A-
A+
Saída da etapa

Saída da etapa

“La Vuelta a España” 2016 despídese de Ourense, e faino no Concello de Maceda, lugar que acolleu a saída da sétima etapa desta competición ciclista que, tras percorrer 158 quilómetros, o pelotón chegará a Puebla de Sanabria. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no tradicional corte de cinta que encabeza cada nova etapa desta proba, xunto ao alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e acompañados por multitudinarios afeccionados que non se perderon esta nova cita de “La Vuelta a España” con Ourense.

Baixo o lema “Ourense Termal – Madrid”, a 71ª edición de “La Vuelta a España” deixa unha pegada importante na historia da provincia de Ourense, escenario da presentación, saída e acollida de 4 das 21 etapas coas que conta esta competición ciclista que xunto ao Tour de Francia e o Giro de Italia, é a máis importante do mundo. En total, foron 18 os concellos ourensáns que viron pasar esta proba e que mostrou a “Marca Ourense” en máis de 150 países, pois trátase dun dos espectáculos deportivos máis vistos no mundo.

26 de agosto de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.