publicidade hoxe

Inauguran unha nova edición de Xove 360º

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe pola mañá, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura e por fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola novena edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cemiterios”, tema escollido para esta edición e sobre o cal cada autor puido presentar unha fotografía.

O resto da exposición  foi de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.

En total a exposición está conformada por 46 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 16 fotógrafos, catro máis que na pasada edición.

Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Ignacio Garijo, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Javier Villares, José Emilio Gómez e Luis Vivas, Alberto Rapa, Santos Cordovilla, Javier Arca e Lucas Rodríguez.

A exposición, que se abreu hoxe, 17 de agosto, vai estar aberta ininterrumpidamente ata o vindeiro 3 de setembro en horario de 11:00 a 13:30 horas pola mañá e de 18:00 a 22:00 horas pola tarde. A entrada á exposición nesta ocasión é pola porta principal do Salón de Actos do Centro Cívico.

17 de agosto de 2016 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.