publicidade hoxe

Goretti Sanmartín estuda as urxencias do concello de Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMugardos
A-
A+

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, acompañada do deputado Xesús Soto, visitaron o Concello de Mugardos para coñecer de primeira man as urxencias manifestadas polo grupo de goberno municipal.

Nunha xuntanza co novo goberno de Mugardos, encabezado pola súa alcaldesa, Pilar Díaz, e na que participaron representantes de todos os grupos, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co deputado Xesús Soto, coñeceron algúns dos temas que máis preocupan para a mellora de infraestruturas do municipio.

En primeiro lugar, o goberno municipal manifestou a necesidade da mellora na seguridade vial nunha das arterias principais de entrada ao núcleo urbano de Mugardos, na DP 3504 que transcorre entre a parroquia de Maniños ( Fene) e A Pedreira, inmediacións do núcleo onde está asentado empresas principais da localidade, Reganosa e Forestal del Atlántico.

O goberno municipal puxo tamén en coñecemento de Sanmartín e Soto os problemas que se están a producir para executar o comezo das obras dun acceso ao Campo de Fútbol Municipal para o que se asinara un convenio coa Deputación da Coruña de case 200.000 €, derivados, segundo manifestaron, dos acordos aos que o anterior goberno chegou cos particulares para a ocupación dos terreos.

Outra das necesidades que se puxeron sobre a mesa na xuntanza é a construción duns vestiarios para o campo municipal, unhas instalacións de recente construción mais que carece do servizo adecuado. Para o Campo de fútbol municipal, construción anexa ao Campo de fútbol titularidade do Clube Galicia de Mugardos, requiren tamén a construción dunha pequena bancada para persoas asistentes aos partidos

A vicepresidenta, Goretti Sanmartín e o deputado Xesús Soto comprometéronse a estudar as demandas ao tempo que informaron dos distintos plans da Deputación aos que se poden acoller para as melloras infraestruturais do municipio.

26 de agosto de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.