publicidade hoxe

Feirón da Adina no Mesón do Vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Mesón do Vento acollerá durante toda a mañá deste vindeiro sábado, 20 de agosto, unha nova edición do Feirón da Adina. O recinto feiral será lugar de encontro para as persoas que queiran mercar ou dar conta de exemplares de gando vacún, cabalar e porcino. Nas inmediacións haberá postos ofrecendo todo tipo de produtos autóctonos naturais procedentes, na maioría dos casos, das hortas da zona. Queixos, plantas para cultivo, doces, empanadas, churros, roupa, xoguetes, agasallos, artesanía, verduras variadas etc.

Novamente os promotores desta iniciativa contan coa colaboración do Concello de Ordes para a súa celebración. Deste xeito quérese dar apoio a todas as persoas que queiran apostar polo consumo de proximidade, tanto á hora de vender como de mercar produtos propios da zona. Á par tamén se ofrece unha actividade que supón un revulsivo para as vendas no sector comercial e hostaleiro do Mesón do Vento.

19 de agosto de 2016 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.