publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

FECIMO pecha as inscricións para p casting infantil de Amodiña con 104 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

FECIMO, entidade organizadora da Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo, pechou hoxe ás 15:00h as inscricións para o CASTING INFANTIL da pasarela AMODIÑA, tal como indicaban nas súas bases.

Foron 104 nenos e nenas do Morrazo e arredores os que foron inscritos. Terán que amosar o seu talento para desfilar o día 1 de setembro a partir das 17:00h na planta superior da Praza de abastos de Moaña, diante da atenta mirada do persoal da axencia encargada de coordinar aos modelos.

Alí serán escollidos 32 nenos e nenas para desfilar na V edición de AMODIÑA e serán os encargados de poñer sobre a pasarela as últimas tendencias de outono/inverno, coa moda do comercio local. Haberá que agardar entonces ata o 17 de setembro para velos en acción diante do público.

30 de agosto de 2016 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.