publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece en Sanxenxo o empresario Epifiano Campo, vinculado ao sector cerámico e tamén ao financeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSanxenxo
A-
A+
Europa Press

O empresario Epifanio Campo, vinculado ao sector cerámico galego, pero tamén ao financeiro -foi accionista do Banco Pastor-, faleceu este xoves.

De orixe leonés, Campo tivo vinculación co municipio pontevedrés de Sanxenxo, e de feito o Concello trasladou esta xornada as súas condolencias pola morte deste “insigne veciño de Vilalonga”.

A Casa do concello, en nome de toda a corporación e de todos os veciños de Sanxenxo, subliña o seu “agradecemento” pola “implicación permanente” de Epifanio Campo e a súa familia con todo o municipio.

Especialmente, refírese á súa implicación coa parroquia de Vilalonga, berce do seu grupo empresarial “e á que sempre se sentiu unido”.

18 de agosto de 2016 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.