Extinguidos os incendios forestais en Trasmiras e Castrelo do Val
Os dous incendios forestais rexistrados o luns nos municipios ourensanos de Trasmiras e Castrelo do Val quedaron extinguidos, segundo confirmou a Consellería do Medio Rural.
En concreto, á 1,00 horas deste martes quedou extinguido o incendio que comezou ás 17,00 horas do luns na parroquia de Abavides en Trasmiras.
As estimacións sitúan a superficie afectada en oito hectáreas, das cales sete corresponden a monte raso. Nos labores de extinción participaron dous axentes, cinco brigadas, cinco motobombas, dous helicópteros e catro avións.
Pola súa banda, ás 21,19 horas do luns quedou extinguido o lume declarado ás 16,20 horas na parroquia de Campobecerros en Castrelo do Val, onde arderon 3,7 hectáreas, de elas dúas de superficie rasa e o resto de arboredo.
Na extinción deste incendio participaron tres axentes, nove brigadas, catro motobmobas, unha pa, cinco helicópteros e dous avións, segundo indicou Medio Rural.