publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o lume en Arbo e Crecente mentres os de Trives e Cervantes permanecen controlados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesArboCervantesCrecenteLocal PortadaMelón
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia deu por extinguidos os lumes de Arbo (que queimou 1.717 hectáreas segundo as últimas estimacións) e Crecente, tamén en Pontevedra (que arrasou 345).

Mentres, seguen controlados un incendio forestal na Pobra de Trives (cunha superficie calcinada de 194 hectáreas) e outro en Cervantes (45 hectáreas).

Pola súa banda, o lume está estabilizado en Melón, tras iniciarse na parroquia de Quins e afectar a unha superficie de 106,58 hectáreas, das cales 84,93 foron de monte raso e o resto de arboledo.

16 de agosto de 2016 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.