publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio que queimou 24 hectáreas en Lalín e controlado outro en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaMelón
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que comezou o martes na parroquia de Vilanova no municipio pontevedrés de Lalín quedou extinguido, mentres que está controlado o lume rexistrado na parroquia de Quins en Melón (Ourense).

Así o indicou este mércores a Consellería do Medio Rural, que concretou que no caso de Lalín a superficie afectada se situou en 24 hectáreas, das cales catro son arboradas e 20 de monte raso.

Pola súa banda, o incendio forestal de Melón, que está controlado, queimou unhas 101,15 hectáreas, segundo a información facilitada por medio Rural.

17 de agosto de 2016 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.