publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Estabilizado o incendio de Melón e controlados os lumes da Pobra de Trives e Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de TrivesCervantesMelónPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09:30 horas de hoxe.

Lumes estabilizados

Melón, Quins
Dende as 16:46 horas de onte luns permanece estabilizado o lume do concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que segundo as últimas estimacións afectou 106,58 hectáreas, das cales 84,93 foron de raso e as restantes 21,65 de arborado. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 38 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 3 avións.

Lumes controlados

A Pobra de Trives, Navea

Ás 22:15 horas de onte quedou controlado o lume rexistrado no concello ourensán da Pobra de Trives, parroquia de Navea. Este incendio afectou unha superficie de arredor de 194 hectáreas, segundo as últimas estimacións. Delas, 174 son de monte raso e as 20 restantes de arborado. No seu control levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 38 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Cervantes, San Tomé

Desde as 07:04 horas de hoxe está controlado o lume do concello lugués de Cervantes, que afectou, segundo estimacións provisionais, unha superficie de máis de 30 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 17 axentes, 38 brigadas, 21 motobombas e 6 helicópteros.

Permanecen tamén controlados os lumes de Arbo, Mourentán (afectou 1.583 ha) e Crecente, Albeos (afectou 300 ha).

Lumes extinguidos

Están extinguidos os seguintes incendios: Cualedro, San Millao (finalizado desde as 19:50 horas de onte, afectou 435 ha, segundo as últimas estimacións); Porto do Son, parroquias de Xuño e Caamaño (extinguido desde as 20:42 horas de onte, afectou unhas 1.600 ha, contabilizando ademais o tamén extinguido na parroquia de Baroña).

16 de agosto de 2016 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.