publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Envían medios aéreos para loitar contra un incendio declarado en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLalínLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente enviou na tarde deste martes tres avións para colaborar coa Comunidade Autónoma de Galicia na extinción dun incendio declarado no termo municipal de Lalín (Pontevedra).

Estas aeronaves, avións anfibios ‘Canadair’, de 5.500 litros de capacidade de descarga, saíron da súa base en Lavacolla, segundo informa o departamento.

Así mesmo, dous avións anfibios ‘Canadair’ da base de Lavacolla combateron o incendio ocorrido esta xornada tamén na localidade coruñesa da Laracha.

16 de agosto de 2016 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.