publicidade hoxe

Eloy Rodríguez faise co oitavo Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega da placa de gañador a Eloy Rodríguez

Entrega da placa de gañador a Eloy Rodríguez

O pasado domingo tivo lugar a oitava edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’: unha competición na que concorreron un total de 32 afeccionados á actividade cinexética e que tivo ao riveirense Eloy Rodríguez como campión.

Seguíronlle na clasificación Roberto Dopico, Antonio Vilar, Antonio Costa, José Sanmartín, José María Carnota, Rafael Llames, Jorge Dobarganes, Serafín Corral e Juan Ramón Suárez 

A celebración, valedoira para o trofeo Can de Ouro, celebrouse na zona coñecida como Chans de Folgoso e despois de oito edicións está consolidade como un dos certames cinexéticos con máis competidores de Galicia.

Estivo organizado pola Sociedade Caza e Pesca de Barbanza coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas entidades da comarca.

Cada competidor dispuxo dun tempo de quince minutos para abater dúas perdices, un obxectivo para cuxa consecución estivo asistido polo seu can, avaliándose á hora de dirimir a clasificación tanto a habilidade do cazador como as cualidades e adestramento do animal.

Estiveron os concelleiros Anxo Orellán e Víctor Reiriz.

23 de agosto de 2016 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.