publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Día dos nenos para festexar San Bartolo 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2016, HOXE, xoves 18 de agosto, tivemos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS:

-16:00 HORAS: actuación do CHRYSTYAN MAGIC co seu espectáculo “DON QUIJOTE” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo  dirixeuse en especial a nenos/as, estando aberto a familias e a todo tipo de público. Con esta actividade o Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, súmase á conmemoración do centenario de Cervantes.

Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa  Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

-17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos  xogos e inchables. Desenvolveuse na Praza do Centro Cívico.

Este primeiro gran día das Festas Patronais vai rematar co pregón:

-21:30 horas: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Marica Campo, escritora e que durante bastante anos viveu e exerceu o seu maxisterio no CEIP Pedror Caselles de Xove. No salón de Actos do Centro Cívico.

18 de agosto de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.