Controlados os dous lumes que queimaron preto de 200 hectáreas na Veiga
A Xunta deu por controlado o incendio forestal que se iniciou este xoves na parroquia de Riomao, no concello ourensán da Veiga, onde xa se iniciou outro o pasado martes. Desta forma, tras o control deste segundo lume desde as 16,05 horas deste venres, os dous lumes neste municipio atópanse baixo control. O de Riomao, segundo as últimas estimacións, queimara unha superficie dunhas 50 hectáreas, mentres que o da parroquia de Meixide arrasou unhas 150.