publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal que calcinou 170 hectáreas en San Cristovo de Cea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cristovo de CeaVerín
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:15 horas de hoxe.

San Cristovo de Cea, Oseira

Controlado desde as 09:06 horas o incendio rexistrado no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, que, segundo as últimas estimacións, mantense nunha superficie de 170 hectáreas. O lume iniciábase ás 19:23 horas do domingo e na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 14 axentes, 50 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

Verín, Tintores

Quedou extinguido desde as 21:51 horas o lume do municipio ourensán de Verín, parroquia de Tintores. O incendio comezaba ás 17:55 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 35,24 hectáreas das cales 11,67 foron agrícolas. No que respecta ao terreo forestal, 22,13 foi monte arborado e 1,44 de raso. Na súa extinción traballaron 2 técnicos, 9 axentes, 21 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 7 avións.

30 de agosto de 2016 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.