publicidade hoxe

Consellería de Educación e Concello de Meaño asinan un acordo para construír un novo comedor no CEIP Coirón-Dena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+
Román Rodríguez na sinatura do convenio co concello de Meaño

Román Rodríguez na sinatura do convenio co concello de Meaño

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, asinaron hoxe un acordo para planificar a construción dun novo espazo no CEIP Coirón-Dena no que se localizará o comedor escolar. Trátase dunha actuación que permitirá mellorar e ampliar as instalacións actuais dedicadas a tal servizo no centro. Á sinatura asistiu tamén o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.

O obxectivo, tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, pasa por comezar cos traballos o vindeiro ano co fin de que as novas instalacións poidan entrar en funcionamento no curso 2017/2018.

Colaboración interadministrativa

Este novo acordo co Concello de Meaño vén a afianzar a colaboración continua que manteñen as dúas administracións en materia de servizos educativos. De feito, desde o curso 2013/2014, a Consellería e mais o Concello veñen asinando convenios de colaboración para a prestación do servizo de comedor escolar no dito centro.

Deste xeito, e en virtude destes convenios regulares, vixentes tamén para o vindeiro curso 2016/2017, o Concello asume a xestión e organización do comedor escolar, mentres que a Xunta achega o financiamento correspondente para garantir a calidade no servizo.

18 de agosto de 2016 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.