publicidade hoxe

Concerto de Odaiko Percusión en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCotobade
A-
A+

As actividades Culturais do Verán de Cotobade chegan ao seu ecuador co concertó estrela da súa programación Odaiko Percusión. Este concerto está dentro do programa Galicia Culturea da Xunta de Galicia. A programación do Verán Cultural dou comezo o día 11 de agosto cunha excursión a Cerceda para toda a poboación e remata o día 22 de agosto co Musical os Rockentein tamén na Praza da Chan se o tempo o permite. Xa tiveron lugar citas gastronómicas, deportivas, culturais durante esta semana, chegando maña ao seu ecuador co Concerto de Odaiko.

Hoxe ten lugar a actuación de Bea Campos coa obra Contando cousas e cousiñas na Sala Multiusos do Concello Maña haberá cine en Familia ás 17:30 coa proxección de Zootropolis e as 21:00 o concerto de Odaiko Percusión O día 19 terá lugar o Festival Folclórico de Cotobade, cunha homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela e a actuación de todos os grupos locais. O día 20 será a Festa da Bicicleta ás 10:30 e pola tarde ás 16:00 o Día do neno, con inchables, circuitos, karaoke e festa da escuma. O día 21 e a final do Torneo de Veteranos e a actuación do Mago Paco ás 21:00 tamén na Praza da Chan. E finalmente o luns de San Roque, día 22 o Musical Os Rockenstein ás 21:00 na praza do Concello, se o tempo o permite.

17 de agosto de 2016 | 14:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.