publicidade hoxe

Comezan as clases gratuítas para a preparación do Celga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de agosto a convocatoria das segundas probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) 1, 2, 3 e 4 en 2016. As probas terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada na primeira quincena de novembro e o prazo de inscrición é dun mes desde o día seguinte á publicación no DOG, é dicir, até o 19 de setembro. Poderán presentarse a estes exames as persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.

Clases preparatorias

Así mesmo, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove anuncia que a partir do vindeiro martes 6 de setembro comezará a impartir clases preparatorias para presentarse a estas probas. As persoas interesadas en asistir a estas clases poden apuntarse xa no propio SNL, situado na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (r/ Monte da Vila, 11), chamando ao teléfono 986 733 190 ou enviando un correo cos seus datos persoais ao enderezo electrónico normalizacionlinguistica@concellodogrove.es.

29 de agosto de 2016 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.