publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Chano: ‘Creo que estou facendo o mellor fútbol sala da miña carreira’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Sebastián Vargas Otero "Chano"

Sebastián Vargas Otero “Chano”

Na súa terceira tempada na Mariña, Sebastián Vargas Otero, Chano, volverá ser un dos baluartes ofensivos do CD Burela FS Pescados Rubén. ‘Creo que estou facendo o mellor fútbol sala da miña carreira; espero seguir nesa liña, seguir gozando e pasándoo ben. Se podo mellorar os números estupendo e se os empeoro para que o equipo mellore aínda estarei máis encantado” falaba así na primeira semana de traballo 2016-17 o pivote gaditano, a piques de cumprir os 29 anos, acompañado polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e o directivo Antonio Couto.

“O vestiario é moi san, é un grupo marabilloso; todos tiñamos ganas de volver xuntarnos, o clima e o ambiente é moi bo” explicaba o 11 laranxa que non renuncia a nada en 2016-17, centrándose na aptitude, o esforzo e o grupo. “Comezo unha nova pretempada coas mesmas ilusións que o ano que cheguei á Mariña, con ganas de facer as cousas ben e seguir enganchando a xente. Sei que imos dalo todo por conseguir os obxectivos e se podemos seguir facendo historia, como o ano pasado, estarei aínda máis feliz” recoñecía Chano, unha das referencias goleadoras dos laranxas na tempada pasada.

Con sete semanas aínda por diante para prepararse, o gaditano non saca da cabeza a impoñente recta inicial de liga, con Palma Futsal, Movistar, Santiago Futsal, Magna Gurpea e FC Barcelona Lassa nas cinco primeiras xornadas: “Temos un inicio de liga complicado, temos que facer as cousas ben; o comezo pode ser determinante porque che axuda a coller unha dinámica ou outra, así que temos que empezar forte e coller boas sensacións para que se reflicta na pista”.

Desde a directiva, Manuel Blanco e Antonio Couto destacaron “a serenidade e seguridade sobre a pista, ademais da garantía finalizadora” de Chano, aplaudindo a súa permanencia no proxecto continuísta do Pescados Rubén.

24 de agosto de 2016 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.