publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cangas lanza unha campaña por unhas festas libres de violencia sexista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Coincidindo co inicio das Festas do Cristo 2016, o Concello de Cangas pon en marcha a campaña “Por unhas festas libres de violencias sexistas”. A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ten como obxectivo prioritario no transcurso das festas concienciar á poboación da importancia de fomentar e educar en valores baseados no respecto, na igualdade, na diversidade, na liberdade e no bo trato, tanto en espazos públicos como privados.

Presentamos deste xeito a creación dunha lona co lema “Por unhas festas libres de violencias sexistas” que xa colga da fachada principal do Concello. Ademais, nas nosas redes sociais oficiais de facebook e twitter manteremos a imaxe da campaña e publicaremos unha serie de artigos e folletos que nos axuden a remarcar a nosa repulsa contra todos aqueles comportamentos e actitudes que promoven o trato desigual en función do sexo, perpetuando roles e características estereotipadas, e promovendo xeitos de interacción insáns, dependentes e violentos.

26 de agosto de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.