publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cangas acollerá en setembro a 1ª Carreira Solidaria Canina – Morrazocán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación da carreira solidaria

Presentación da carreira solidaria

Este xoves, dia 18 de agosto, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte a presentación da 1ª Carreira Solidaria Canina – Morrazocan. O evento, organizado pola Protectora de Animais do Morrazo, está programado para o sábado 10 e o domingo 11 de setembro.

Trátase dun evento novo e especial que se realiza por primeira vez en Cangas, e o seu principal obxectivo e o de dar a coñecer á Protectora de Animais e facer visible a súa labor na comarca. Colaboran o Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Club de Atletismo Vila de Cangas.

O sábado haberá unha serie de actividades e o domingo a andaina e a carreira canina, que terán lugar no entorno que comprende Massó, Areamilla e Liméns:

- Andaina canina (11:00–12:00): Massó – Volta Areamilla – Massó (2 km).

- Carreira Pedestre (11:30–12:30): Camping Liméns – Massó (5 km).

Todas as persoas que desexen colaborar poden inscribirse na web www.protectoramorrazo.com ou www.carreirasgalegas.com. O custo de participación será de 5€ para adultos (10€ con camiseta), 2€ para nenas e nenos de 3 a 12 anos e de balde para os menores de 2 anos. Ademais, ponse a disposición a opción “Dorsal 0”, doazón solidaria “non participativa”. O prazo de inscrición remata o xoves 8 de setembro ás 23:59 horas.

A Protectora de Animais do Morrazo está situada no Monte do Broullón e dá servizo a Cangas, Moaña e Bueu. Está en activo desde o ano 1993, aínda que dende a propia protectora son conscientes de que non se lles coñece. Contan cunha media de 100 cans nas súas instalacións e buscan concienciar e dar visibilidade ao seu traballo.

Dende a Fundación Cangas Deporte aplauden esta nova iniciativa coa súa dobre dimensión: solidaria, a través da colaboración económica, e de visibilidade e concienciación. Por todo iso, animamos á veciñanza a participar e colaborar con esta causa.

18 de agosto de 2016 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.