publicidade hoxe

Cambados Zona Centro fai entrega do importe recadado na Feira de Oportunidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

No día de hoxe, a asociación Cambados Zona Centro fixo entrega do importe recadado durante a celebración da feira de oportunidades 2016 cos inchables que se colocaron durante a celebración  do referido evento celebrado os pasados días 13, 14 e 15 de agosto, no Paseo da Calzada.

En total recadáronse 979,00 euros, que o presidente da asociación Juan Rey fixo entrega ao xerente da Asociación de Axuda a Discapacitados “Esperanza Salnés”, Augusto Chaves.

O presidente de Cambados Zona Centro quere resaltar o compromiso do comercio e hostalería cambadesa coas diferentes asociacións do noso concello, e en especial con Esperanza Salnés, non en van, tódolos anos, con motivo da celebración da tradicional cea de Nadal da asociación, apórtanse 5 euros de cada cuberto, en concepto de donativo, este colectivo.

O xerente de Esperanza Salnes, Augusto Chaves, quixo agradecer á asociación este xesto que se suma aos realizados por diferentes asociacións do Salnés ao longo deste verán, e que se ben non solucionan os problemas económicos de Esperanza Salnés, si é certo supoñen un pequeno alivio para as súas arcas.

30 de agosto de 2016 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.