publicidade hoxe

Buscan unha embarcación de recreo con problemas entre Cabo Ortegal e San Cibrao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosViveiro
A-
A+
Europa Press

Salvamento Marítimo centra a busca dunha embarcación de recreo con problemas, que emitiu unha chamada de socorro na mañá deste martes, na zona norte de Galicia entre cabo Ortegal e San Cibrao.

Segundo informou Salvamento Marítimo, participan no operativo de busca o helicóptero ‘Pesca 2’, dependente da Xunta; a ‘Salvamar Alioth’, de Salvamento; e a lancha ‘LS Saturno’, de Cruz Vermella.

O operativo púxose en marcha despois de que ás 9,15 horas se recibise unha chamada de socorro a través da canle 16 VHF que se escoitaba “bastante mal”.

Fontes de Protección Civil apuntaron a posibilidade de que a embarcación con problemas se atope a unhas sete millas da costa de Viveiro.

23 de agosto de 2016 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.