publicidade hoxe

Bueu acolle varios actos do proxecto “A permanencia do invisible” na vindeira semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A vila buenense será escenario a vindeira semana de varios actos que se insiren nun proxecto expositivo organizado por Xaime Toxo e Antón Sobral.  O luns inaugúrase ás 20 horas a mostra “A permanencia do invisible”, na que participarán o artista Antón Sobral, o fotógrafo Anxo Cabada, a arquitecta María G. Méndez e o escritor Xaime Toxo. A exposición poderase ver na sala Domínguez Búa ata o domingo 28 de agosto.

Este proxecto nace como unha primeira aproximación, unha proposta de análise subxectiva, valoración estética, documentación técnica e comprensión textual desa transparencia dende a fotografía, a arte, a palabra e a arquitectura, conscientes de que é preciso unha sensibilizacion da nosa comunidade para así manter e conservar o noso.

Ademais deste evento, o martes ás 21 horas, o Museo Massó acolle a segunda edición da sesión literario – musical ‘Un mar máis alto có ceo’, que contará coa participación d@s poetas Tamara Andrés, Antía Juncal, Carmen Quinteiro e Pedro Zarauza.

O xoves ás 20 horas, a sala Domínguez Búa acollerá a presentación do novo libro do buenense Xaime Toxo, titulado Protexer o invisible, e que consta de vinte e seis relatos sobre a metáfora da desaparición, das diferentes formas coas que se disfraza a extinción, do que foi e puido suceder doutra forma, os elementos ventureiros do destino, a continxencia do azar. Son estas historias nas que se repiten paisaxes, somnolencias, certos sabores e algunhas palabras.

19 de agosto de 2016 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.